Sunday 19 de May de 2024

Sonoro festival de fin de curso para os nenos e nenas ordenses de ata 3 anos


Unha vintena de nenos e nenas de ata 3 anos pasárono en grande participando no festival de fin de curso da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy (antigo Preescolar na Casa). Baixo o título ‘O son que me arrola’ todas e todos eles cantaron e tocaron todo tipo de instrumentos, facilitándoselles deste xeito o contacto coa música e a tradición sonora galega. Non foron os únicos en pasalo ben, xa que moitos pais e nais, así como a concelleira de Educación, non quixeron perder esta cita tan musical. Sen dúbida foi un bo xeito de achegarlles aos máis cativos e cativas a cultura tradicional galega da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación, ademais de poder manipular diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.